lunes, 9 de febrero de 2009

METODOLOXÍA (2ª PARTE)

Atopamos, dous tipos de guías didácticas, unha para o profesorado e outra para o alumnado.
  • GUÍA DIDÁCTICA PARA O PROFESORADO
É considerada como unha ficha técnica onde se recaban os aspectos pedagóxicos da actividade.

Canta máis información demos sobre a WQ, máis fácil lles resultará ao profesorado podela levar a cabo ou adaptala a súa realidade. Unha boa guía didáctica facilitará a labor dos docentes que queiran levar unha WQ concreta á aula porque só unha guía de calidade lles ofrecerá unha idea clara das intencións para a que foi creada.

Este apartado pode aparecer formando parte da WQ ou como documento separado, pero en ningún caso debe prescindirse del.

Logo de revisar varias guías didácticas de WQ, consideramos que os puntos máis relevantes deben recoller:
  • TÍTULO
  • TEMA PRINCIPAL
  • AUTORÍA
  • DESTINATARIOS
- Nivel ao que vai dirixida
- Área na que se pode traballar
  • OBXECTIVOS CURRICULARES
  • COMPETENCIAS BÁSICAS
  • CONTIDOS TRATADOS
  • METODOLOXÍA
- Temporalización
- Agrupamentos
- Tipos de recursos (webs, bibliografías,...)
- Competencia mínima dixital que ha de ter o alumnado
- Recursos informáticos precisos para levala a cabo
- Organización do espazo e do tempo (uso do ordenador, debates, asambleas,...)
  • CRÉDITOS E REFERENCIAS
- Mención as fontes de todas as imáxenes, música e textos utilizados, incluindo vínculos ás fontes orixinais
- Agradecer a axuda doutras WQ nas que nos inspiramos, páxinas web, libros consultados,...

  • GUÍA DIDÁCTICA PARA O ALUMNADO
Aquí deixamos un modelo da guia didactica para o alumnado que nos pareceu o máis axeitado.


EXEMPLOS DAS NOSAS GUÍAS DIDÁCTICAS

EXEMPLOS DE GUÍAS DIDÁCTICAS

No hay comentarios: