lunes, 30 de marzo de 2009

MEMORIA DO SEMINARIO PERMANENTE (1ªPARTE)

O traballo realizado neste seminario foi enriquecedor para levar as Tics ás nosas aulas, tanto as webquest como os seus diferentes tipos.

Ainda que o resultado foi bo percibimos algunhas dificultades na elaboración das webquest, por mor dos xeradores existentes. Cremos que :
- Que ainda hai carencias, en canto a xeradores en castelán e moito máis na lingua galega
- Que determinados xeradores precisan dunha paxina web para o aloxamento das webquest
- Que outros xeradores non permiten variar o diseño e non dan paso a creatividade persoal
- Que algúns xeradores precisan de autorización, cousa que nos parece moi axeitada, pero demoran moito tempo en ser autorizadas

Chegamos á conclusión de que as webquest cos seus diferentes tipos son unha actividade interactiva idónea para levar a cabo unha programación interdisciplinar por competencias, xa que permiten abarcar distintos campos, etapas e niveis.