lunes, 9 de marzo de 2009

METODOLOXÍA (3ªPARTE) AS COMPETENCIAS E A COMPETENCIA DIXITAL

A Lei Orgánica de Educación, de maio de 2006 incorpora a competencia dixital á educación básica do noso sistema escolar, o que supón recoñecer oficialmente a indudable trascendencia destos coñecementos e capacidades para o desenrolo dos futuros ciudadáns nun contexto social no que a información e a comunicación a través de tecnoloxías dixitais é un fenómeno e realidade omnipresente en todos os ámbitos da sociedade do século XXI (Juan Béjar)























A COMPETENCIA DIXITAL E O CURRICULUM NO ENSINO OBLIGATORIO

Segundo os estándares educativos da competencia dixital elaborados pola "Sociedad Internacional para la Tecnología en Educación" (ISTE), os estudantes, para aprender efectivamente e vivir productivamente nun mundo cada vez máis dixital, deberían saber e ser capaces de:

  1. Demostrar pensamento creativo, construir coñecemento e desenvolver produtos e procesos innovadores utilizando a tecnoloxía.
  2. Utilizar medios e entornos dixitales para comunicarse e traballar de forma colaborativa, inclusive a distancia, para apoiar o aprendizaxe individual e contribuir ao aprendizaxe doutros.
  3. Aplicar ferramentas dixitais para obter, avaliar e usar información.
  4. Usar habilidades de pensamento crítico para planificar e conducir investigación, administrar proxectos, resolver problemas e tomar decisións informadas usando ferramentas e recursos dixitais apropiados.
  5. Entender os asuntos humáns, culturais e sociais relacionados coa tecnoloxía e practicar condutas éticas e legais.
  6. Demostrar ter un coñecemento axeitado dos conceptos, sistemas e funcionamiento da tecnoloxía.
  • A COMPETENCIA DIXITAL DO ALUMNADO E DO PROFESORADO
Nestes vídeos de Jordi Adell, pódese entender dun xeito moi fácil a competencia dixital e as súas posibilidades...

*VÍDEO DE JORDI ADELL SOBRE A COMPETENCIA DIXITAL DO NOSO ALUMNADO (fala nun momento das webquest e do seu fin)

*Video charla: “Actividades didácticas para el desarrollo de la competencia digital” por Jordi Adell Entre outras moitas ideas interesantes, propón dez pistas para desenvolver actividades TIC integradas no currículum. Sería bo facer unha reflexión sobre elas.

  • O obxectivo de diseñar actividades TIC non é aprender novas tecnoloxías, é aprender oturas cousas, solucionar problemas con TIC
  • As actividades deben estar centradas na actividade do estudiante; o alumnado fai cousas, aprende; o alumnado non fai cousas, non aprenden.
  • Deben orientarse a unha aprendizaxe cooperativa, aproveitando o talento do grupo.
  • Usar ferramentas TIC dun xeito natural, é dicir, para o que sirven; non usemos un blog como unha base de datos (debe coñecer un repertorio mínimo de ferramentas para aplicalas correctamente).
  • Deben estimular o traballo coa información, non limitándonos a pasala dun sitio a oturo. Hai que provocar a toma de decisións, os debates, a construcción.
  • As actividades deben ter un sentido para os estudiantes, deben servir para algo, “saen do aula”.
  • O alumnado aprenden creando artefactos culturais en linguaxes diversos (escrito, visual, Web, …).
  • Non hai aprendizaxe se non movilizan emocións e actitudes.
  • As TIC usan máis as tecnoloxías da aprendizaxe que as do ensino. As tecnoloxías que máis influirán na aprendizaxe son as que manexan os estudiantes, non as que manexa o profesorado. Un wiki é dos estudiantes, unha presentación é do profesorado;
  • A innovación tecnolóxica non implica innovación didáctica


*COMPETENCIAS BÁSICAS EN TIC NECESARIAS PARA OS DOCENTES


--------------------------------------------------------------------
PROXECTOS TIC:





METODOLOXÍA (3ªPARTE) AS WEBQUEST E AS COMPETENCIAS BÁSICAS

NESTA PRESENTACIÓN SOBRE AS WEBQUEST E AS COMPETENCIAS REFLICTE PERFECTAMENTE A RELACIÓN ENTRE AMBAS