lunes, 12 de enero de 2009

METODOLOXÍA (1ªPARTE)

  • ESTRATEXIAS METODOLÓXICAS
Unha das estratexias que máis se corresponden coa metodoloxía das WQ, é "o traballo por proxectos", xa que este implica un traballo colaborativo. E, por iso, xurden os proxectos telecolaborativos (Judi Harris, 1998).
Dentro das ctegorías que esta autora define, as wq atópanse dentro da categoría "Proxectos de resolución colaborativa de problemas" e estando na modalidade "Investigación colaborativa".


Andamiar a aprendizaxe (Dodge, 2000): a andamiaxe é unha estructura temporal que se usa para axudar a que os principiantes actúen cunha maior destreza da que realmente posúen.
- Recepción: proporcionar orientación para aprender dun recurso e reter o importante. Ex: guías de observación, glosarios e diccionarios en línea
- Transformación: WQ requiere a transformación do que ten nunha nova información por parte do alumnado. Ex: comparar e contrastar, chuvia de ideas, razonamiento inductivo, toma de decisións
- Producción: que o alumnado produza cousas que nunca fixo antes. Axudarse con plantillas, guías chamativas para escribir, elementos e estruturas multimedia. Apropiéndose deste xeito das estruturas que lles proporcionamos ante que poidan traballar autonomamente.

  • O PAPEL DO PROFESORADO
É interesante ler este artículo
Debe ter presente sempre, que a WQ debe estar relacionada con actividades anteriores e posteriores.
  • O papel do profesorado como diseñador de Webquest
Non existe un único xeito de levar a cabo a elaboración dunha WQ, pero é necesario ter presentes unha serie de recomendacións:
  1. É importante saber utilizar a lo menos un buscador de Internet.
  2. Realizar unha boa búsqueda e selección das fontes de información que vaia a ser usada polo alumnado
  3. Non quedarse coa información que aparece nas primeiras ofertas, xa que pode haber outra información máis axeitada ao alumnado, pero que precisa de búsquedas máis avanzadas. Ser críticos coa información atopada. (Consideramos interesante ler este artículo de Tíscar sobre a Alfabetización crítica)
  4. Seleccionar os recursos e as actividades axeitados que poidan leva a construir no alumnado aprendizaxes significativas
  5. Organizar as actividades tendo en conta, tanto actividades para as sesións nas que estarán conectad@s á rede (actividades on-line), como actividades que se levarán a cabo sen necesidade dunha conexión á rede (actividades off-line).
  6. Coñecer técnicas de traballo en grupo e estratexias de aprendizaxe colaborativa
  7. Motivar ao alumnado a pensar, mellorar a súa capacidade de razonamiento, síntesis e elaboración propia, que Internet non sexa unha gran bilioteca
  8. Conseguir a implicación de todo o grupo dependendo de cada un /unha o éxito do grupo
  9. Plantear a actividade dun xeito lúdico e que introduza ao alumnado verdaderamente, nun contexto no que teña sentido
  10. Os medios dispoñibles da web, non se poden limitar tan só ao uso da web, senon traballar co correo electrónico, foros, conferencias para contactar con expertos nese tema
  11. Introducir foros na WQ para que o alumnado poida compartir e organizar o seu traballo
Cinco reglas para escribir una Wequest según Bernie Dodge
  • O papel do profesorado como promotor de actividades constructivistas
O modelo que promove actividades constructivistas propio das WQ, é a estratexia do "traballo de proxectos", xa que permite interactuar en situacións concretas e significativas e estimula o "saber", o "saber facer" e o "saber ser", correspondendo con conceptual, procedimental e actitudinal.

O papel do profesorado é ser o moderador, coordinador, facilitador, mediador e convertese nun participante máis. E debe crear un clima afectivo, harmónico, de confianza,...

O profesor como mediador da aprendizaxe debe:
-coñecer os intereses do alumnado e as súas diferencias individuais
-coñecer as necesidades evolutivas de cada un
-coñecer os estímulos dos seus contextos:familiares, comunitarios, educativos,..
-contextualizar as actividades

Según TAMA (1986), o rol de mediador debe apoiar ao alumnado para:
-ensinarlles a pensar
-ensinarlles sobre o pensar
-ensinarlles sobre a base do pensar
  • O papel do profesorado fomentando unha aprendizaxe cooperativa-colaborativa
O rol do profesorado é de supervisar activamente o proceso de construcción e transformación do coñecemento. Ten como misión desenvolver habilidades sociais do alumnado.

Os pasos que o profesorado ten que seguir para estruturar o proceso de Ensinanza/Aprendizaxe cooperativa:
  1. especificar os obxectivos de ensino
  2. decidir o tamaño do grupo
  3. asignar estudiantes a cada grupo
  4. preparar e condicionar a aula
Con respecto ás estratexias que o profesorado ha de por en marcha actividades colaborativas hai que ter en conta:
  1. especificar con claridade os propósitos do curso ou lección
  2. tomar certas decisións na forma de ubicar ao alumnado do grupo
  3. explicar con claridade aos estudiantes a tarefa e a estrutura de meta
  4. monitorear a efectividade dos grupo
  5. avaliar o nivel de logros do alumnado e axudalos nas discusións
  • O PAPEL DO ALUMNADO
O papel do alumnado será o de organizarse en traballar en grupo e esto esixiralle o dominio dunhas determinadas capacidades como son:
  • traballar colaborativamente
  • reartirse tarefas
  • identificar os problemas e buscar solucións
  • saber interpretear a información
  • autonomía e iniciativa persoal e grupal
  • reunir e organizar a información
  • debatir e chegar a acordos
  • avalizar o proceso de traballo e os resultados