lunes, 9 de febrero de 2009

A ATENCIÓN A DIVERSIDADE NAS WEBQUEST

Desde a chegada das novas tecnoloxías a vida cotiá abríronse un mundo de posibilidades no acceso á información, á información a través de múltiples canles.

Pero as posibilidades das tecnoloxías non acaban no seu acceso, senón que tamén supoñen unha ferramenta moi valiosa de comunicación e creación.

Os medios dixitais constitúen unha boa solución para traballar con alumnos con NEE xa que a súa variedade de formas de expresión permite o acceso de todos os alumnos, ós contidos de aprendizaxe, sexa a que sexa a súa forma de acercarse ós mesmos.

Rose e Meyer (2002) identifican catro aspectos fundamentais de flexibilidade dos medios dixitais, estes aspectos son: versatilidade, capacidade de transformación, posibilidade de ser marcado e hipertextualidade.

As webquest como recurso tecnolóxico multimedia contitúen unha ferramenta didáctica chea de posibilidades para axudar os alumnos con NEE.

O papel que xogan dentro da atención a diversidade ven fundamentado nos seguintes aspectos:

- Permite o desenvolvemento de procesos cognitivos superiores (xa que é unha actividade de investigación).

- É unha apliación flexible.

- Permite a introducción de elementos de apoio.

- Facilita o acceso dos alumnos con NEE ó curriculum ordinario.

- Fomenta o traballo cooperativo.

As aplicacións básicas das webquest en relación coa atención á diversidade son fundamentalmente dúas:

1. Por un lado supoñen un bo elemento para coñecer as discapacidades e aprender da diversidade.

2. Por outra banda, constitúen un recurso tecnolóxico para responder ás necesidades dos alumnos con NEE a través do curriculum común para todos, xa que permite adaptalo as necesidades de cada un.


Webquest adicadas á atención á diversidade

Como acabamos de dicir existen webquest nas que se traballan diferentes deficiencias ou trastornos, para ensinar ó alumnado as características destas persoas e así sexa máis doada a integración. Algúns exemplos serían:

- "PEDRO UN NIÑO DIFERENTE": nesta webquest, orientada para alumnos de primaria e secundaria, trabállase o síndrome de Asperger, e trata de ensinar ós compañeiros de Pedro un neno con asperger, que é o que lle pasa, porqué é asi, etc.

É unha webquest moi completa que acerca ós alumnos a vida destas persoas.

- "UN MUNDO PARA TODOS/AS. WEBQUEST PARA A SENSIBILIZACIÓN DO ALUMNADO CON RESPECTO ÁS PERSOAS CON SÍNDROME DE DOWN": Webquest moi elaborada da Asociación galega de Síndrome de Down. A través dela preténdese concienciar sobre as dificultades que teñen estas persoas para a súa integración. Está elaborada para alumnos de ESO.

- "EL AÑO QUE VIENE TENDREMOS ALUMNOS SORDOS. ¿QUÉ HAREMOS?": É unha webquest moi interesante con formato de páxina web. Está diseñada para alumnos de Maxisterio. Trata da incorporación a un centro de dous alumnos con deficiencias auditivas, e o proceso é diferente segundo o especialista que realice a webquest, sexa o titor/a de EI, o especilista de AL, o especialista de PT, o orientador, ou a xefe de estudos.

- "EL ENIGMA ESCONDIDO EN UN GRABADO DE GOYA": Caza do tesouro sobre o alfabeto dactilolóxico.

- "CON LOS CINCO SENTIDOS": Elaborada para educación de adultos e segundo ciclo de primaria. Explica o que pasaría si nos faltase ou tivésemos danado algún dos nosos sentidos. Trata de que se acepte as persoas con estas dificultades.


Webquest adaptadas ós alumnos con NEE:

Tamén existen algunhas webquest, aínda poucas, que teñen os seus contidos adaptados ós diferentes niveis do alumnado para que poidan acceder todos.

- "SÚBETE A PLATERO": Esta webquest está especialmente diseñada para o alumnado con NEE do 1º ciclo de ESO, e para lingua castelá.

O contido da webquest está adaptado ó alumnado con nee, asi en primeiro lugar ten unha axenda imprimible para que os alumnos teñan unha visión máis xeral e organizada de traballo que van realizar.

Ademais aparecen varias lecturas adaptadas a cada nivel do alumnado. Está moi ben e permite traballar a mesma materia con alumnos de diferentes niveis curriculares.


No hay comentarios: