lunes, 26 de enero de 2009

ANALIZAR XERADORES DE WEBQUEST (1ªPARTE)

Á HORA DE CREAR AS NOSAS WEBQUEST, EXISTEN VARIAS POSIBILIDADES QUE SE REFLEXAN A CONTINUACIÓN:
  • ELABORAR WQ EN FORMATO DE DOCUMENTOS DE TEXTO (WORD/OPPENOFFICE)
-DOCUMENTO DE WORD Adaptado por Raúl Torricella (torri@reduniv.edu.cu) y Francisco Lee (fleet@reduniv.edu.cu) a partir de las plantillas de Isabel Pérez Torres

  • ELABORAR WQ EN HTML (PLANTILLAS)
-MARCOELE
-AULA21
-ISABEL PEREZ

  • ELABORAR WQ CON DREAMWEAVER
Adobe Dreamweaver® (Dw) está basada no Adobe Flash® , se vos gusta traballar con este software, aquí están os enlaces:

-A PLANTILLA
-O TITORIAL

  • CATEDU
Con este xerador do Goberno de Aragón, resulta moi sinxela a creación de webquest, pensamos que é un dos máis completos e claros. Para a súa publicación na rede, é precisa a autorización dos contidos polo Goberno, polo que tardan uns días en facela pública, pero pensamos que é un bo xeito de asegurarse de que son realmente teñen algunha finalidade educativa.
Permite subir imáxes e intrucir sons e mp3 dun xeito moi comodo.Non permite facer nin miniquest ni casas do tesouro.
Tamén consideramos moi útil, que aparece un apartado onde se terá que elaborar a ficha técnica da webquest co mesmo creador.
Poderíamos explicar cal é o xeito de traballar con este creador pero o mesmo Goberno de Aragón creou un documento en PDF que non ten desperdicio polo que deixamos aquí o enlace.

PROBAMOS A CREAR WEBQUEST CON CATEDU:
- MIS AMIGOS LOS GATOS (Ficha técnica)
- CONOCIENDO A LUCI (Ficha técnica)
-ESCUELA DE MEDICINA (Ficha técnica)


OUTRAS WEBQUEST

  • Mural Dixital ou Mural Web
Como o seu nome indica é un mural pero ?exposto? en internet. Con esta sinxela variante, o traballo do alumnado adquire sentido. Un sentido completamente distinto ao que ten este traballo se se realiza en ?soporte papel? cartolina, papel continuo, etc. Na rede pode permanecer para sempre e, por outra banda, o nivel de difusión ou de audiencia potencial é infinitamente maior.

A metodoloxía de traballo pode ser a mesma que a que se segue ao realizar estas actividades noutros soportes físicos. Polo que pode parecer que non hai ningún tipo de innovación. E, efectivamente, así é, pero a dimensión da aprendizaxe do alumnado multiplícase e podemos observar o seguinte:

*Dado ou elixido un tema de estudo o alumnado pode aprender a documentarse sobre ese tema concreto utilizando internet como principal fonte de información e recursos pero ao ?devolver? logo á rede un produto elaborado por eles mesmos (o mural), tamén aprenden que internet non é só para obter información e ler, senón que eles poden achegar ao mundo o que fixeron compartindo o coñecemento adquirido sobre ese tema. Isto fai que aprendan unha idea nova: na web, a diferenza dos libros, que están escritos para sempre, pódese escribir e comunicar aos demais o que un sabe e colaborar con outras persoas de maneira crítica e construtiva, contribuíndo a un ben común: o coñecemento libre.
*Pode servir para que aprendan que non sempre hai unha resposta única e correcta e que, ademais, pode expresarse de distintas maneiras.
*Pode axudarlles a que aprendan a seleccionar, ordenar e estruturar a información.
*Permite traballar os elementos básicos da elaboración de páxinas web. Inserir imaxes, realizar *hipervínculos, etc. Este apartado pódese traballar de forma específica nunha sesión se o alumnado aínda non coñece a ferramenta coa que han de elaborar o material. O noso alumnado traballa con
*OpenOffice
*writer e despois gárdase como *HTML.

Exemplos de Murales Dixitais

Fonte: Aula Virtual do CEIP Castilleja de la Cuesta

  • WEB-CLUES
Con fundamentos nas búsquedas do tesouro e nas webquest, nesta ocasión trátase de descubrir, a través da investigación, a personaxe que se esconde
Exemplos
  • WEBSTORIES
Con fundamentos nas búsquedas do tesouro e nas webquest, nesta ocasión trátase de descubrir, a través da investigación, a personaxe que se esconde e a súa obra
Exemplos

Estratexias de traballo TIC, nun aula de inglés pero transferible ás outras áreas.