A AVALIACIÓNA avaliación é o último aspecto que se incorporou ó modelo das webquest e é unha boa mostra do paradigma constructivista no que se basa.
Os criterios de avaliación deben ser: precisos, claros, consistentes e específicos para o conxunto das tarefas.
Unha boa webquest debe incorporar os criterios avaliativos ós que se someterá ó traballo dos alumnos de xeito que éstes os coñezan de antemán e os poidan usar como referencia.
O modelo que propón Bernie Dodge é o de
matrices de valoración ou rúbricas.
Unha rúbrica pode definirse como unha plantilla ou matriz, onde se inclúen os criterios polos que será avaliada unha determinada actividade, e define o máis obxectivamente posible, os diferentes graos de consecución que se describe en termos concretos, medibles e valorables.
A cada un destes graos asígnaselle unha valoración cuantitativa ou cualitativa.
Podemos encontrar algúns exemplos de rúbricas nos seguintes enlaces:
http://www.fm.coe.uh.edu/resources_span/portrait_detectives/pd_rubric.htmlhttp://personal.telefonica.terra.es/web/tecnologiaweb/_private/plantilla.pdf CONCLUSIÓN
A conclusión é un resume da experiencia e estimula a reflexión sobre o proceso, de maneira que xeneralice o aprendido.
Non é unha parte crítica do conxunto, pero proporciona un peche da actividade.
Neste apartado o mestre pode suxerir preguntas para un debate aberto na aula, pode animar os alumnos a dar ideas para mellorar a actividade, etc.
Un
guión para diseñar unha boa conclusión podería ser:
-Escribir un par de frases que resuman o aprendido e adquirido o completar a actividade.
- Incluir algunha pregunta retórica ou enlaces adicionais para poder ampliar coñecementos.