lunes, 19 de enero de 2009

OUTRAS WEBQUEST


  • MINIQUEST
As miniquest son unha versión simplificada das webquestque se reduce tan só a tres pasos: Escenario, Tarea e Producto.Promoven o uso da Internet na aula e contribúen a desenvolver as habilidades necesarias . Estas actividades poden ser diseñadas por docentes que teñan coñecementos informáticos e que non dispoñan de moito tempo.












Temos que destacar tres diseños educativos básicos diferentes de Miniquest, que están asociados a súa temporalización.

MiniQuests de Descubrimento:lévanse a cabo o principio dunha unidade didáctica.
MiniQuests de Exploración:sitúanse durante o desenvolvemento dunha unidade co obxeto de presentar os contidos necesarios para comprenser un concepto en particular.
MiniQuests de Culminación:desenvólvense o final dunha unidade didáctica e require que os alumnos demostren a capacidade para responder as preguntas esenciais.

Podemos falar de tres elementos nas Miniquest:escenario, tarea e producto.
Escenario: Establece o contexto real para o aprendizaxe, basado na resolución de problemas, e a pregunta esencial que os alumnos deben contestar.
Tarea: Inclúe unha serie de preguntas diseñadas para estimular e dirixir a investigación. a tarea debe estar ben estruturada e indicar os sitios web que conteñen a información necesaria para responder a pregunta esencial.
Produto:Debe explicitar qué tipo de realización deben elaborar os alumnos, para transformar a información obtida en coñecemento.

  • BÚSQUEDAS DO TESOURO
Plantea un reto en forma de pregunta o preguntas sobre un tema curricular que se pode resolver coa información dispoñible na web e noutras fontes. Os alumnos deben responder as preguntas buscando e consultando información de distintas fontes propostas na propia actividade.
O obxectivo principal destas actividades é consolidar os coñecementos sobre un tema curricular e fomentar as actitudes e habilidades relacionadas coa búsqueda, análise, validación, relación e comprensión da información.
A estrutura consta dunhas breves instruccións sobre as preguntas a responder, a listaxe de preguntas(máis ou menos extensas ou complexas en función do nivel educativo para o que está pensada) a relación de ligazóns e fontes de información a consultar e a gran pregunta.

As preguntas formuladas teñen que centrarse nun único aspecto do tema analizado, para que os alumnos podan contestala con precisión. Na confección dunha búsqueda do tesouro é nesesario evitar planear preguntas demasiado xerais.
Adicionalmente pódese incluir unha "Gran Pregunta"que a súa finalidade sexa que os alumnos sinteticen todo aquelo que aprenderon e demostren a súa comprensión

  • PESQUISA WEB(WEB ENQUIRY)
É unha actividade web qie implica procesos estruturados de búsqueda e validación da información.
O obxetivo principal dunha pesquisa é desenvolver a actitude crítica repeto a veracidade das fontes de información.

As pesquisas web teñen unha estrutura parecida a búsqueda do tesouro: unha relación de cuestións ou preguntas, cada unha de elas asociadas a un ou máis ligazóns a páxinas web donde se podan encontrar os elementos para responder as cuestións ou preguntas plantexadas.
A resolución dunha pesquisa web non consiste únicamente en buscar e seleccionar información dunha web para buscar respostas; ademais, os alumnos deben cuestionarse a validez de dita información.

  • WEBTASKS
Unha Webtask é unha actividade que implica a realización dunha tarefa utilizando recursos da web.
  • EARTHQUEST
A recente disponibilidade de Atlas interactivos gratuitos(Google Maps, Google Earth, Virtual Earth o WorldWind) posibilitou a emerxencia de novos escenarios de aprendizaxe baseados en Internet. Podemos denominar a estas novas actividades de aprendizaxe"geointeracivas", por estar baseadas na información geográfica e nas aplicacións interactivas virtuais.

As geointeraccions definen situacións de aprendizaxe estruturadas, que implican tarefas de búsqueda, selección, interpretación, tratamento e presentación de información, cas ferramentas, servicios e datos xeográficos dispoñibles en Internet.

Uns dos formatos da actividade geointeractiva son as "EarthQuest". Os creadores do concepto e primeiros autores de EarthQuest son os profesore holandeses John Demmers y Gerard Dümmer.
Esta modalidade de actividade geointeractiva básase nas funcionalidades da aplicación Google earth- Esta aplicación xeográfica gratuita combina imáxenes satélite, mapas e unha gran base de datos toponímica.

  • GEOQUEST/MAPQUEST
Son modelos de actividades tipo Webquest que se basan nun escenario xeográfico e implican o uso de mapas dixitáis. Adoptan unha estrutura moi parecida as Webquest. Os principais elementos que as caracterizan son:
Introdución(presentación dun caso con base xeográfica)
tarefa, proceso e avaliación.

No hay comentarios: