martes, 9 de diciembre de 2008

DEFINICIÓNS E ORIXE



DEFINICIÓNS DE WEBQUEST
  • Bernie Dodge (1995): “Unha webquest é unha actividade orientada á investigación onde toda ou case toda a información utilizada procede de recursos da web.”
  • Rodríguez García:
  1. É un modelo de aprendizaxe extremadamente simple e rico para propiciar o uso educativo de internet baseado na aprendizaxe cooperativa e nos procesos de investigación para aprender.
  2. Unha webquest é unha actividade enfocada á investigación, na que a información usada polos alumnos é, na súa maior parte, descargada de Internet. Basicamente é unha exploración dirixida, que culmina coa produción dunha páxina web, onde se publica o resultado dunha investigación.
  3. Webquest é unha metodoloxía de aprendizaxe baseada fundamentalmente nos recursos que nos proporciona Internet, que incitan aos alumnos a investigar, potencian o pensamento crítico, a creatividade e a toma de decisións, contribúen a desenvolver diferentes capacidades e levan así aos alumnos a transformar os coñecementos adquiridos.
  • Wikipedia: “É unha metodoloxía de búsqueda orientada na que case todos os recursos utilizados proveñen da web”.
  • Aula 21: “Son actividades estruturadas e guiadas que evitan obstáculos, proporcionando aos alumnos unha tarefa ben definida; así como os recursos e as consignas que lles permitan realizalas”.
  • Grupo Anaya: “ É unha actividade de investigación guiada con recursos de internet que ten en conta o tempo do alumno. É un traballo cooperativo no que cada persoa é responsable dunha parte, obriga a utilización de actividades cognitivas de alto nivel e prioriza a transformación da información.

ORIXE DAS WEBQUEST


A idea de webquest xurdiu en 1995 na Universidade Estatal de San Diego por Bernie Dodge e Tom March, que en Febreiro de 1995 publicaron o documento “Some Toughts about Webquest”.
Esta liña de traballo pedagóxico constitúe unha das principais técnicas do uso didáctico de internet na aula.

1 comentario:

Unknown dijo...

Felicidades, lo estáis haciendo muy bien.
Ánimo!!!