martes, 9 de diciembre de 2008

A ESTRUTURA DAS WEBQUEST (1ª PARTE)

O proxecto dunha webquest segundo B. Dodge e T. March, componse de seis partes esenciais:
Introdución, tarefas, proceso, recursos, avaliación e conclusión.




  • INTRODUCIÓN
Posúe dúas funcións básicas:
Introducir ao alumno no tema que se vai estudar buscando as conexións cos seus coñecementos previos.
Motivar e interesar ao alumnado a través de propostas que resulten atraíntes, importantes e realistas para a súa formación.
  • TAREFA
É a parte máis importante dunha webquest. Ofrécelle ao alumnado unha meta e un enfoque e concreta as intencións curriculares do deseñador. Unha tarefa ben deseñada é atractiva, posible de realizar e fomenta entre os estudantes o pensamento máis aló da comprensión mecánica.
Nunha webquest o alumnado debe procesar toda a información proporcionada e elaborar un produto que dará resposta ao problema plantexado.

Bernie Dodge establece 12 categorías diferentes de tarefas que pasamos a definir a continuación:


TAXONIMÍA DE TAREFAS

Tarefas de exposición


A través deste modelo o que se pretende é que os alumnos accedan a determinada información e demostren que a entenderon.

Tarefas de recompilación

Recompilar información de varias fontes e a posta en formato común.

Tarefas de misterio.

Especialmente indicadas en Primaria e Primeiro Ciclo de Secundaria.

Tarefas periodísticas

Pide ós alumnos actuar como reporteiros que cobren un acontecemento.

Tarefas de deseño

Crear un produto ou plan de acción que cumpra cunha meta predeterminada e funcione dentro das restricións preestablecidas.

Tarefas de produtos creativos.

Os alumnos deben recrealo aprendido en forma de obra de teatro, pintura, poesía.

Tarefas para a construción de consenso.

Proceso de debate que culmina cun informe conxunto que incorpora decisións consensuadas sobre o tema.

Tarefas de persuasión

O obxectivo é convencer, máis alá da simple repetición duns argumentos memorizados.

Tarefas de autocoñecemento.

Pretenden profundizar no coñecemento dun mesmo.

Tarefas analíticas.

Se solicita os estudantes que observen diferentes fenómenos, materiais, etc.

Tarefas de emisión de xuízo.

Presentan ó estudante una cantidade de temas e se lle solicita clasificalos, valoralos ou tomar unha decisión informada entre un número limitado de opcións.

Tarefas científicas

.

Debe incluír:
- Proposta de hipóteses
- Contraste de hipóteses.
- Validación o no de la hipóteses. en función de las probas.
- Informe científico de resultados.


Recomendacións para levar a cabo as diferentes tarefas
  • PROCESO
O proceso indica as fases que ó alumnado debe seguir para levar a cabo a tarefa.
Dependendo do creador da webquest ou das necesidades do profesor, neste apartado pódense incluír ligazóns ou non.


  • RECURSOS

Neste apartado teñen cabida as listas de ligazóns seleccionados previamente polo profesor, a través do que o alumnado accede á documentación nos que atopará a información precisa para completar a tarefa. Pero non todos os recursos teñen que proceder da rede, tamén poden usarse recursos non dixitais (enciclopedias, libros,...).

No hay comentarios: