
OS TIPOS DE WEBQUEST
Hai dous tipos de webquest:
- As webquest a curto prazo ou curtas:
A meta educativa dunha wbquest a curto prazo é a adquisición e organización dun contido concreto pertencente a unha ou varias materias (observación, análise e síntese).
Unha webquest curta debe ser realizada para unha, dúas ou tres sesións.
- As webquest a longo prazo ou longas:
A meta educativa dunha webquest a longo prazo implica máis número de tarefas, más profundas e elaboradas (dedución, indución, clasificación, abstracción,...) que culminan coa realización dunha presentación con ferramentas informáticas apropiadas. Realízase para levar a cabo durante unha semana ata un mes de clase.
No hay comentarios:
Publicar un comentario