lunes, 30 de marzo de 2009
MEMORIA DO SEMINARIO PERMANENTE (1ªPARTE)
Ainda que o resultado foi bo percibimos algunhas dificultades na elaboración das webquest, por mor dos xeradores existentes. Cremos que :
- Que ainda hai carencias, en canto a xeradores en castelán e moito máis na lingua galega
- Que determinados xeradores precisan dunha paxina web para o aloxamento das webquest
- Que outros xeradores non permiten variar o diseño e non dan paso a creatividade persoal
- Que algúns xeradores precisan de autorización, cousa que nos parece moi axeitada, pero demoran moito tempo en ser autorizadas
Chegamos á conclusión de que as webquest cos seus diferentes tipos son unha actividade interactiva idónea para levar a cabo unha programación interdisciplinar por competencias, xa que permiten abarcar distintos campos, etapas e niveis.
lunes, 23 de marzo de 2009
AVALIACIÓN DO SEMINARIO PERMANENTE
- A información foi útil e suficiente
- O traballo do grupo, a nivel individual foi moi proveitoso e a nivel conxunto foi bo
- A consecución dos obxectivos marcados foi a esperada
- A aplicación e repercusión do proxecto na práctica educativa é moi útil e beneficioso para as nosas aulas
- A metodoloxía empregada foi axeitada
- A organización de recursos humanos e materiais foi boa
- As reflexións realizadas, logros e incidencias do proxecto de grupo na aula son enriquecedoras
- O interese polas experiencias educativas innovadoras foi positiva
lunes, 16 de marzo de 2009
BANCO DE RECURSOS
- BANCO DE IMAXES
* Mediateca de EducaMadrid.
* Open Clip Art Gallery.
* Openphoto.
* Free Digital Photos.
* Lista de sitios que ofrecen imaxes.
* Flickrcc
* Buscador de fotos con licencia creative commons
* Imaxes no portal da Xunta
*Artpad
*Bubbleshare
*Kid zone graph
*Picassa Web
*Picnic
*Pizap
*Rock you
*SmashMash
*Snipshot
- BANCO DE SONS
*Boomp3
*Cotovía
*Findsounds
*Goer
*Vokinow
*Vozme
*Podgalego
- BANCO DE VÍDEOS
- BANCO DE ANIMACIÓNS
lunes, 9 de marzo de 2009
METODOLOXÍA (3ªPARTE) AS COMPETENCIAS E A COMPETENCIA DIXITAL
A Lei Orgánica de Educación, de maio de 2006 incorpora a competencia dixital á educación básica do noso sistema escolar, o que supón recoñecer oficialmente a indudable trascendencia destos coñecementos e capacidades para o desenrolo dos futuros ciudadáns nun contexto social no que a información e a comunicación a través de tecnoloxías dixitais é un fenómeno e realidade omnipresente en todos os ámbitos da sociedade do século XXI (Juan Béjar)
A COMPETENCIA DIXITAL E O CURRICULUM NO ENSINO OBLIGATORIO
Segundo os estándares educativos da competencia dixital elaborados pola "Sociedad Internacional para la Tecnología en Educación" (ISTE), os estudantes, para aprender efectivamente e vivir productivamente nun mundo cada vez máis dixital, deberían saber e ser capaces de:
- Demostrar pensamento creativo, construir coñecemento e desenvolver produtos e procesos innovadores utilizando a tecnoloxía.
- Utilizar medios e entornos dixitales para comunicarse e traballar de forma colaborativa, inclusive a distancia, para apoiar o aprendizaxe individual e contribuir ao aprendizaxe doutros.
- Aplicar ferramentas dixitais para obter, avaliar e usar información.
- Usar habilidades de pensamento crítico para planificar e conducir investigación, administrar proxectos, resolver problemas e tomar decisións informadas usando ferramentas e recursos dixitais apropiados.
- Entender os asuntos humáns, culturais e sociais relacionados coa tecnoloxía e practicar condutas éticas e legais.
- Demostrar ter un coñecemento axeitado dos conceptos, sistemas e funcionamiento da tecnoloxía.
- A COMPETENCIA DIXITAL DO ALUMNADO E DO PROFESORADO
*VÍDEO DE JORDI ADELL SOBRE A COMPETENCIA DIXITAL DO NOSO ALUMNADO (fala nun momento das webquest e do seu fin)
*Video charla: “Actividades didácticas para el desarrollo de la competencia digital” por Jordi Adell Entre outras moitas ideas interesantes, propón dez pistas para desenvolver actividades TIC integradas no currículum. Sería bo facer unha reflexión sobre elas.
- O obxectivo de diseñar actividades TIC non é aprender novas tecnoloxías, é aprender oturas cousas, solucionar problemas con TIC
- As actividades deben estar centradas na actividade do estudiante; o alumnado fai cousas, aprende; o alumnado non fai cousas, non aprenden.
- Deben orientarse a unha aprendizaxe cooperativa, aproveitando o talento do grupo.
- Usar ferramentas TIC dun xeito natural, é dicir, para o que sirven; non usemos un blog como unha base de datos (debe coñecer un repertorio mínimo de ferramentas para aplicalas correctamente).
- Deben estimular o traballo coa información, non limitándonos a pasala dun sitio a oturo. Hai que provocar a toma de decisións, os debates, a construcción.
- As actividades deben ter un sentido para os estudiantes, deben servir para algo, “saen do aula”.
- O alumnado aprenden creando artefactos culturais en linguaxes diversos (escrito, visual, Web, …).
- Non hai aprendizaxe se non movilizan emocións e actitudes.
- As TIC usan máis as tecnoloxías da aprendizaxe que as do ensino. As tecnoloxías que máis influirán na aprendizaxe son as que manexan os estudiantes, non as que manexa o profesorado. Un wiki é dos estudiantes, unha presentación é do profesorado;
- A innovación tecnolóxica non implica innovación didáctica
*COMPETENCIAS BÁSICAS EN TIC NECESARIAS PARA OS DOCENTES--------------------------------------------------------------------
PROXECTOS TIC:
METODOLOXÍA (3ªPARTE) AS WEBQUEST E AS COMPETENCIAS BÁSICAS
lunes, 2 de marzo de 2009
ELABORAR WEBQUEST SEGUINDO UNHA LIÑA COMÚN (3ªPARTE)

A Ficha técnica de esta Webquest pódese ver pinchando aquí
lunes, 23 de febrero de 2009
ELABORAR WEBQUEST SEGUINDO UNHA LIÑA COMÚN (2ªPARTE)

A ficha técnica desta Webquest pódese ver pinchando aquí
lunes, 16 de febrero de 2009
ELABORAR WEQUEST SEGUINDO UNHA LIÑA COMÚN (1º PARTE)

A ficha técnica desta Webquest , pódese ver, pinchando aquí...
ELECCIÓN DO TEMA PARA AS NOSAS WEBQUEST DE LIÑA COMÚN
- TERÍA QUE SER UN TEMA DE VALORES PORQUE PODERÍASE TRABALLAR EN CALQUEIRA DAS TRES ETAPAS EDUCATIVAS.
- TERÍA QUE PRESENTAR UNHA GRADACIÓN DENDE INFANTIL A SECUNDARIA OBRIGATORIA
- TERÍA QUE SER MOTIVANTE
- TERÍA QUE SER ACTUAL
O PASO SEGUINTE FOI PRECISAR, CAL ERA O ASPECTO CONCRETO DO MEDIO AMBIENTE
E DECIDIMOS DENOMINALO "COIDAMOS O MEDIO" COAS TRES "R": REDUCIR, REUTILIZAR E RECICLAR. GRADUANDOAS DOS EGUINTE XEITO:
- "COIDAMOS O MEDIO: REUTILIZANDO" PARA ED.INFANTIL
- "COIDAMOS O MEDIO: REDUCINDO" PARA ED.PRIMARIA
- "COIDAMOS O MEDIO: RECICLANDO" PARA E.S.O.
ANALIZAR XERADOR "NVU"
CON MOITA AMABILIDADE E PRONTITUDE RESPONDERONNOS QUE O PROGRAMA USADO ERA O "NVU" POLO QUE AGORA VAMOS A BUSCAR INFORMACIÓN E TRATAR DE ELABORAR WQ CON ESTE XERADOR:
ATOPAMOS VARIOS MANUAIS DOS QUE RESALTAMOS ESTES:
-NVU: Editor Web Gratuito. Tutor básico
- Manual NVU (Editor de páginas Web bajo herramienta libre)
lunes, 9 de febrero de 2009
A ATENCIÓN A DIVERSIDADE NAS WEBQUEST
METODOLOXÍA (2ª PARTE)
- GUÍA DIDÁCTICA PARA O PROFESORADO
Canta máis información demos sobre a WQ, máis fácil lles resultará ao profesorado podela levar a cabo ou adaptala a súa realidade. Unha boa guía didáctica facilitará a labor dos docentes que queiran levar unha WQ concreta á aula porque só unha guía de calidade lles ofrecerá unha idea clara das intencións para a que foi creada.
Este apartado pode aparecer formando parte da WQ ou como documento separado, pero en ningún caso debe prescindirse del.
Logo de revisar varias guías didácticas de WQ, consideramos que os puntos máis relevantes deben recoller:
- TÍTULO
- TEMA PRINCIPAL
- AUTORÍA
- DESTINATARIOS
- Área na que se pode traballar
- OBXECTIVOS CURRICULARES
- COMPETENCIAS BÁSICAS
- CONTIDOS TRATADOS
- METODOLOXÍA
- Agrupamentos
- Tipos de recursos (webs, bibliografías,...)
- Competencia mínima dixital que ha de ter o alumnado
- Recursos informáticos precisos para levala a cabo
- Organización do espazo e do tempo (uso do ordenador, debates, asambleas,...)
- CRÉDITOS E REFERENCIAS
- Agradecer a axuda doutras WQ nas que nos inspiramos, páxinas web, libros consultados,...
- GUÍA DIDÁCTICA PARA O ALUMNADO
EXEMPLOS DAS NOSAS GUÍAS DIDÁCTICAS
EXEMPLOS DE GUÍAS DIDÁCTICAS
miércoles, 4 de febrero de 2009
AS NOSAS WEBQUEST
AS NOSAS WEBQUEST CO PHP
- VISITANNOS OS INDIOS MINIQUEST PARA 2º CICLO DE EDUCACIÓN INFANTIL
- O ENTROIDO DE XINZO MINIQUEST PARA 1º CICLO DA ESO
- LOS TERREMOTOS BÚSQUEDA DO TESOURO PARA 3º CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA
ANALIZAR XERADORES DE WEBQUEST (2ªPARTE)
- ELABORAR WQ CO PHP
-CÓMO ACEDER
Podemos acceder a este xerador de webquest dende a páxina da consellería,
pinchando no apartado TEMÁTICOS







Ahora só queda, que envíen un correo cos datos identificativos.
Deixamos varios titoriais, que son moi ilustrativos.
- 1,2,3 A TÚA CAZA NA REDE
Tamén ten unha opción de axuda moi clara, sinxela e moi ilustrativa.
As webquest xeradas con este programa, non quedan publicadas nunha base de datos, se non que haberá que copiala nun blog, paxina web,...
PÁXINAS DIDÁCTICAS EN WORD

ANA DÍAZ CAPA EN 10 PASOS MOSTRANOS COMO CREAR UNHA WEBQUEST OU COMO ELA DÍ, UNHA PÁXINA DIDÁCTICA, DUN XEITO SINXELO E MOI AO TEU GUSTO
AS SÚAS WEBQUEST OU PÁXINAS DIDÁCTICAS
lunes, 26 de enero de 2009
ANALIZAR XERADORES DE WEBQUEST (1ªPARTE)
- ELABORAR WQ EN FORMATO DE DOCUMENTOS DE TEXTO (WORD/OPPENOFFICE)
- ELABORAR WQ EN HTML (PLANTILLAS)
-AULA21
-ISABEL PEREZ
- ELABORAR WQ CON DREAMWEAVER
-A PLANTILLA
-O TITORIAL
- CATEDU
Permite subir imáxes e intrucir sons e mp3 dun xeito moi comodo.Non permite facer nin miniquest ni casas do tesouro.
Tamén consideramos moi útil, que aparece un apartado onde se terá que elaborar a ficha técnica da webquest co mesmo creador.
Poderíamos explicar cal é o xeito de traballar con este creador pero o mesmo Goberno de Aragón creou un documento en PDF que non ten desperdicio polo que deixamos aquí o enlace.
PROBAMOS A CREAR WEBQUEST CON CATEDU:
- MIS AMIGOS LOS GATOS (Ficha técnica)
- CONOCIENDO A LUCI (Ficha técnica)
-ESCUELA DE MEDICINA (Ficha técnica)
OUTRAS WEBQUEST
- Mural Dixital ou Mural Web
A metodoloxía de traballo pode ser a mesma que a que se segue ao realizar estas actividades noutros soportes físicos. Polo que pode parecer que non hai ningún tipo de innovación. E, efectivamente, así é, pero a dimensión da aprendizaxe do alumnado multiplícase e podemos observar o seguinte:

*Dado ou elixido un tema de estudo o alumnado pode aprender a documentarse sobre ese tema concreto utilizando internet como principal fonte de información e recursos pero ao ?devolver? logo á rede un produto elaborado por eles mesmos (o mural), tamén aprenden que internet non é só para obter información e ler, senón que eles poden achegar ao mundo o que fixeron compartindo o coñecemento adquirido sobre ese tema. Isto fai que aprendan unha idea nova: na web, a diferenza dos libros, que están escritos para sempre, pódese escribir e comunicar aos demais o que un sabe e colaborar con outras persoas de maneira crítica e construtiva, contribuíndo a un ben común: o coñecemento libre.
*Pode servir para que aprendan que non sempre hai unha resposta única e correcta e que, ademais, pode expresarse de distintas maneiras.
*Pode axudarlles a que aprendan a seleccionar, ordenar e estruturar a información.
*Permite traballar os elementos básicos da elaboración de páxinas web. Inserir imaxes, realizar *hipervínculos, etc. Este apartado pódese traballar de forma específica nunha sesión se o alumnado aínda non coñece a ferramenta coa que han de elaborar o material. O noso alumnado traballa con
*OpenOffice
*writer e despois gárdase como *HTML.
Exemplos de Murales Dixitais
Fonte: Aula Virtual do CEIP Castilleja de la Cuesta
- WEB-CLUES
Exemplos
- WEBSTORIES
Exemplos
Estratexias de traballo TIC, nun aula de inglés pero transferible ás outras áreas.
lunes, 19 de enero de 2009
OUTRAS WEBQUEST
- MINIQUEST
informáticos e que non dispoñan de moito tempo.
Temos que destacar tres diseños educativos básicos diferentes de Miniquest, que están asociados a súa temporalización.
MiniQuests de Descubrimento:lévanse a cabo o principio dunha unidade didáctica.
MiniQuests de Exploración:sitúanse durante o desenvolvemento dunha unidade co obxeto de presentar os contidos necesarios para comprenser un concepto en particular.
MiniQuests de Culminación:desenvólvense o final dunha unidade didáctica e require que os alumnos demostren a capacidade para responder as preguntas esenciais.
Podemos falar de tres elementos nas Miniquest:escenario, tarea e producto.
Escenario: Establece o contexto real para o aprendizaxe, basado na resolución de problemas, e a pregunta esencial que os alumnos deben contestar.
Tarea: Inclúe unha serie de preguntas diseñadas para estimular e dirixir a investigación. a tarea debe estar ben estruturada e indicar os sitios web que conteñen a información necesaria para responder a pregunta esencial.
Produto:Debe explicitar qué tipo de realización deben elaborar os alumnos, para transformar a información obtida en coñecemento.
- BÚSQUEDAS DO TESOURO
O obxectivo principal destas actividades é consolidar os coñecementos sobre un tema curricular e fomentar as actitudes e habilidades relacionadas coa búsqueda, análise, validación, relación e comprensión da información.
A estrutura consta dunhas breves instruccións sobre as preguntas a responder, a listaxe de preguntas(máis ou menos extensas ou complexas en función do nivel educativo para o que está pensada) a relación de ligazóns e fontes de información a consultar e a gran pregunta.
As preguntas formuladas teñen que centrarse nun único aspecto do tema analizado, para que os alumnos podan contestala con precisión. Na confección dunha búsqueda do tesouro é nesesario evitar planear preguntas demasiado xerais.
Adicionalmente pódese incluir unha "Gran Pregunta"que a súa finalidade sexa que os alumnos sinteticen todo aquelo que aprenderon e demostren a súa comprensión
- PESQUISA WEB(WEB ENQUIRY)
O obxetivo principal dunha pesquisa é desenvolver a actitude crítica repeto a veracidade das fontes de información.
As pesquisas web teñen unha estrutura parecida a búsqueda do tesouro: unha relación de cuestións ou preguntas, cada unha de elas asociadas a un ou máis ligazóns a páxinas web donde se podan encontrar os elementos para responder as cuestións ou preguntas plantexadas.
A resolución dunha pesquisa web non consiste únicamente en buscar e seleccionar información dunha web para buscar respostas; ademais, os alumnos deben cuestionarse a validez de dita información.
- WEBTASKS
- EARTHQUEST
As geointeraccions definen situacións de aprendizaxe estruturadas, que implican tarefas de búsqueda, selección, interpretación, tratamento e presentación de información, cas ferramentas, servicios e datos xeográficos dispoñibles en Internet.
Uns dos formatos da actividade geointeractiva son as "EarthQuest". Os creadores do concepto e primeiros autores de EarthQuest son os profesore holandeses John Demmers y Gerard Dümmer.
Esta modalidade de actividade geointeractiva básase nas funcionalidades da aplicación Google earth- Esta aplicación xeográfica gratuita combina imáxenes satélite, mapas e unha gran base de datos toponímica.
- GEOQUEST/MAPQUEST
Introdución(presentación dun caso con base xeográfica)tarefa, proceso e avaliación.
lunes, 12 de enero de 2009
METODOLOXÍA (1ªPARTE)
- ESTRATEXIAS METODOLÓXICAS
Dentro das ctegorías que esta autora define, as wq atópanse dentro da categoría "Proxectos de resolución colaborativa de problemas" e estando na modalidade "Investigación colaborativa".
Andamiar a aprendizaxe (Dodge, 2000): a andamiaxe é unha estructura temporal que se usa para axudar a que os principiantes actúen cunha maior destreza da que realmente posúen.
- Recepción: proporcionar orientación para aprender dun recurso e reter o importante. Ex: guías de observación, glosarios e diccionarios en línea
- Transformación: WQ requiere a transformación do que ten nunha nova información por parte do alumnado. Ex: comparar e contrastar, chuvia de ideas, razonamiento inductivo, toma de decisións
- Producción: que o alumnado produza cousas que nunca fixo antes. Axudarse con plantillas, guías chamativas para escribir, elementos e estruturas multimedia. Apropiéndose deste xeito das estruturas que lles proporcionamos ante que poidan traballar autonomamente.
- O PAPEL DO PROFESORADO
Debe ter presente sempre, que a WQ debe estar relacionada con actividades anteriores e posteriores.
- O papel do profesorado como diseñador de Webquest
- É importante saber utilizar a lo menos un buscador de Internet.
- Realizar unha boa búsqueda e selección das fontes de información que vaia a ser usada polo alumnado
- Non quedarse coa información que aparece nas primeiras ofertas, xa que pode haber outra información máis axeitada ao alumnado, pero que precisa de búsquedas máis avanzadas. Ser críticos coa información atopada. (Consideramos interesante ler este artículo de Tíscar sobre a Alfabetización crítica)
- Seleccionar os recursos e as actividades axeitados que poidan leva a construir no alumnado aprendizaxes significativas
- Organizar as actividades tendo en conta, tanto actividades para as sesións nas que estarán conectad@s á rede (actividades on-line), como actividades que se levarán a cabo sen necesidade dunha conexión á rede (actividades off-line).
- Coñecer técnicas de traballo en grupo e estratexias de aprendizaxe colaborativa
- Motivar ao alumnado a pensar, mellorar a súa capacidade de razonamiento, síntesis e elaboración propia, que Internet non sexa unha gran bilioteca
- Conseguir a implicación de todo o grupo dependendo de cada un /unha o éxito do grupo
- Plantear a actividade dun xeito lúdico e que introduza ao alumnado verdaderamente, nun contexto no que teña sentido
- Os medios dispoñibles da web, non se poden limitar tan só ao uso da web, senon traballar co correo electrónico, foros, conferencias para contactar con expertos nese tema
- Introducir foros na WQ para que o alumnado poida compartir e organizar o seu traballo
- O papel do profesorado como promotor de actividades constructivistas
O papel do profesorado é ser o moderador, coordinador, facilitador, mediador e convertese nun participante máis. E debe crear un clima afectivo, harmónico, de confianza,...
O profesor como mediador da aprendizaxe debe:
-coñecer os intereses do alumnado e as súas diferencias individuais
-coñecer as necesidades evolutivas de cada un
-coñecer os estímulos dos seus contextos:familiares, comunitarios, educativos,..
-contextualizar as actividades
Según TAMA (1986), o rol de mediador debe apoiar ao alumnado para:
-ensinarlles a pensar
-ensinarlles sobre o pensar
-ensinarlles sobre a base do pensar
- O papel do profesorado fomentando unha aprendizaxe cooperativa-colaborativa
Os pasos que o profesorado ten que seguir para estruturar o proceso de Ensinanza/Aprendizaxe cooperativa:
- especificar os obxectivos de ensino
- decidir o tamaño do grupo
- asignar estudiantes a cada grupo
- preparar e condicionar a aula
- especificar con claridade os propósitos do curso ou lección
- tomar certas decisións na forma de ubicar ao alumnado do grupo
- explicar con claridade aos estudiantes a tarefa e a estrutura de meta
- monitorear a efectividade dos grupo
- avaliar o nivel de logros do alumnado e axudalos nas discusións
- O PAPEL DO ALUMNADO
- traballar colaborativamente
- reartirse tarefas
- identificar os problemas e buscar solucións
- saber interpretear a información
- autonomía e iniciativa persoal e grupal
- reunir e organizar a información
- debatir e chegar a acordos
- avalizar o proceso de traballo e os resultados
lunes, 15 de diciembre de 2008
TIPOS DE WEBQUEST
OS TIPOS DE WEBQUEST
Hai dous tipos de webquest:
- As webquest a curto prazo ou curtas:
A meta educativa dunha wbquest a curto prazo é a adquisición e organización dun contido concreto pertencente a unha ou varias materias (observación, análise e síntese).
Unha webquest curta debe ser realizada para unha, dúas ou tres sesións.
- As webquest a longo prazo ou longas:
A meta educativa dunha webquest a longo prazo implica máis número de tarefas, más profundas e elaboradas (dedución, indución, clasificación, abstracción,...) que culminan coa realización dunha presentación con ferramentas informáticas apropiadas. Realízase para levar a cabo durante unha semana ata un mes de clase.